Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Álvaro
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Álvaro:
Variantes
Masculinas Alvar
Hipocorísticos
Másculinos Varo, Varocho
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica, frecuente na documentación medieval galega desde o século IX. Composto polas raíces góticas alls ‘todo’ e wars ‘coidado, precaución’. Este nome deu lugar ao apelido Álvarez.
Motivación
Nome moi popular nos reinos cristiáns peninsulares da Idade Media, sobre todo entre as familias nobres. Álvar Páez de Soutomaior e Álvar Pérez de Moscoso (ambos do século XV), foron dous deles. Santo Álvaro García (século XIII) foi mártir no Algarve.
Chamáronse así
O navegante galego Álvaro de Mendaña e Neira (c. 1542-1595), descubridor no océano Pacífico dos arquipélagos das Salomón (1568) —coñecido como “o descubrimento dos catro galegos”— e das Marquesas (1595); próximo á morte pola peste, nomeou almiranta da frota a súa esposa Isabel Barreto —a primeira muller da historia neste cargo— que continuou coa expedición.
O debuxante e caricaturista coruñés Álvaro Cebreiro (1903-1956) e os escritores Álvaro de las Casas (1901-1950), fundador dos Ultreias —primeiros grupos xuvenís galeguistas— e Álvaro Cunqueiro Mora (1911-1981), que tamén foi xornalista (dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1991).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Àlvar | |
Español | Alvár | |
Álvaro | ||
Éuscaro | Albar | |
Italiano | Álvaro | |
Portugués | Álvaro |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]