Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Amable, Amable
Nome cristián
Pronuncia
Amable:
Amable:
Etimoloxía e historia
A orixe deste nome está no latín amabilis, xa daquela nome propio, co senso aínda evidente de 'digno de que o amen, digno de ser amado'. A forma feminina realmente significaba 'merecedora de amor'.
Motivación
Santo Amable de Riom (século V) naceu nesta cidade da Auvernia (Francia). Segundo san Gregorio de Tours, liberou de serpes a rexión onde vivía (lenda semellante á de san Patricio en Irlanda e á de santo Hadrián en Galicia).
Chamáronse así
Amable Veiga (1929-1994), lingüista galego natural de Triacastela.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Amable | Amable |
Español | Amable | Amable |
Inglés | Amabel | |
Italiano | Amabile | |
Portugués | Amável | Amável |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]