Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Amadeu
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Amadeu:
Etimoloxía e historia
Nome posiblemente nacido na Idade Media a partir da forma ama deu 'ama a Deus' para traducir o nome grego Teófilo, de idéntico significado.
Motivación
O nome tivo difusión en Europa por ser do tradicional da Casa de Savoia, nome dinástico desde os primeiros nove condes ou duques (do século XI ao XV); chegando á etapa contemporánea cos duques de Aosta. Un membro desta casa foi nomeado rei de España no século XIX: Amadeu I de Savoia foi rei durante dous anos: do 2 de xaneiro de 1871 ao 18 de xaneiro de 1873.
Chamáronse así
O compositor austríaco Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1822), que foi o que escolleu o dramaturgo inglés Peter Shaffer para unha obra de teatro sobre a súa vida (Amadeus, 1979) e tamén para o filme de 1984 dirixido por Miloš Forman, do que foi guionista. O pintor italiano Amedeo Modigliani (1884-1920).
Amadeo Goyanes Vázquez (Monforte de Lemos, 1915 - Lugo, 1995), gaiteiro e luthier.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Amadeus | |
Catalán | Amadeu | |
Español | Amideo | |
Amadeo | ||
Éuscaro | Amadeo | |
Francés | Amédée | |
Italiano | Amedeo | |
Portugués | Amadeu | |
Romanés | Amedeia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]