Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Amadís
masculino
Nome literario
Véxase Amadeu
Etimoloxía e historia
Variante da antiga forma francesa de Amadeo, que acadou sona polo protagonista de moitas novelas de cabalerías do século XVI, especialmente o Amadís de Gaula, que se converteu no libro máis lido da súa época.
Motivación
Aínda que a edición máis antiga que se conserva da novela de cabalerías do Amadís de Gaula (Los quatro libros del virtuoso caballero Amadís de Gaula) data de 1508 e está escrita en castelán, sábese que había unha obra moi anterior que xa existía no século XIV, e mesmo se sospeita que o seu autor podería ser portugués ou galego (João de Lobeira?, Vasco de Lobeira?).
O relato novelesco iníciase cos amores furtivos do rei Perión de Gaula e da princesa Elisena da Bretaña, que deron lugar ao nacemento dun neno (Amadís) ao que a súa nai, axudada por unha doncela, coloca nunha arca que a corrente dun río leva deica o mar (outro caso semellante á lenda bíblica de Moisés). Recolle o meniño un cabaleiro chamado Gandales, que o leva á súa mansión de Escocia, onde o educa. Xa adolescente, Amadís namórase da princesa Oriana, filla do rei Lisuarte de Gran Bretaña e da súa esposa Brisena. Armado cabaleiro por Perión (sen que ningún dos dous coñeza a filiación), Amadís percorre fantásticas aventuras protexido pola meiga Urganda ‘a Descoñecida’.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Amadís | |
Español | Amadís | |
Italiano | Amadigi | |
Portugués | Amadis |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]