Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Alvito
masculino
Etimoloxía e historia
Antigo nome galego de orixe discutida, posiblemente xermánica, da raíz alls ’todo’, aínda que se ten proposto tamén unha orixe prerromana. Deste nome medieval derivan o topónimo Alvite, tamén apelido, presente en diversos compostos (Cachalvite, Fonte Alvite, Fradalvite, Gonzalvite, Vilalvite) e con variación ortográfica (Albite, Casalbito).
Motivación
Santo Alvito, nado en Mondoñedo, foi bispo en León no século XI.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Alvit | |
Alvito | ||
Portugués | Alvito |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]