Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aloia
feminino
Nome toponímico
Pronuncia
Aloia:
Etimoloxía e historia
Do nome do monte Aloia, situado na serra do Galiñeiro, no concello de Tui. É de orixe prerromana e está atestado como Sanctum Julianum de Alogia desde o século XII. Probablemente o -l- sexa unha variante de r e, daquela, proceda da raíz indoeuropea er- ‘moverse, fluír’, cunha sufixación en -ia, frecuente na hidronimia.
Motivación
Investigadores como o alemán Adolf Schulten identificaron o monte Aloia de Tui, pola súa situación próxima ao río Miño, co monte Medulio, a montaña heroica da antiga Gallaecia, o último reduto resistente das tribos galaicas opostas á conquista romana (19 a. C.), que preferiron inmolarse antes de ser escravas dos romanos.
Este episodio inspirara en parte a divisa “Denantes mortos que escravos” do escudo alternativo que Castelao ideara en 1937 para Galicia. A resistencia ata a morte do monte Medulio comparouna o historiador galaicorromano Paulo Orosio (séculos IV-V) á das cidades de Sagunto e Numancia.
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]