Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Alicia
feminino
Nome literario
Pronuncia
Alicia:
Véxase Adelaida
Etimoloxía e historia
Este nome ten a mesma orixe e significado que o xermánico Adelaida, do que procede a través do antigo nome francés Aalis. Tivo difusión na Baixa Media francesa por ser nome de personaxes literarios, sobre todo da nobreza. Documéntase nas nosas Cantigas de santa María (séc. XIII) como Alís. As formas francesas antigas Aalis ou Aalais latinizáronse como Alicia e Alesia, que pasaron a Inglaterra baixo a forma Alice.
Motivación
Despois de caer en desuso, púxoo de moda a obra de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas (1865) e da súa continuación Alicia do outro lado do espello (1871).
Chamáronse así
Alicia de Larrocha i de la Calle (Barcelona, 1923-2009), pianista e compositora.
Alicia Crespí González (Pontevedra, 1922 - Madrid, 2012), científica e primeira catedrática dunha escola superior en España, en concreto catedrática de electrotecnia, luminotecnia e técnicas de acondicionamento e acústica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Alice | |
Catalán | Alícia | |
Español | Alicia | |
Éuscaro | Alize | |
Alizia | ||
Aliza | ||
Francés | Alice | |
Inglés | Alison | |
Alice | ||
Italiano | Alice | |
Portugués | Alice | |
Romanés | Alice | |
Ruso | Alisa |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]