Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Alfredo, Alfreda
Pronuncia
Alfredo:
Hipocorísticos
Másculinos Firuco
Etimoloxía e historia
Nos textos medievais galegos atéstanse os nomes Alifredus e Alifreda, de orixe xermánica, formados polas raíces góticas alj, talvez de aljis ‘outro’, co sentido ‘estranxeiro’ e mais *frith ‘paz'. Máis tarde incorporouse o nome anglosaxón Aelfraed, de aelf, ‘elfo’ e raed, ‘consello’ e os dous resultados acabaron confluíndo.
Motivación
Recibiron este nome moitos homes importantes da historia de Inglaterra, como o rei anglosaxón Alfredo o Grande (849-901), fundador da Universidade de Oxford ou santo Alfredo, bispo de Hildesheim (século IX).
A difusión do nome en Europa prodúcese a partir da súa introdución en Francia no século XVII.
Alfredo foi o amante de Violetta, protagonista da ópera La traviata (1853) de G. Verdi.
Chamáronse así
O profesor e escritor Alfredo Brañas (1859-1900), natural de Carballo, foi o máximo representante do rexionalismo conservador da segunda metade do século XIX. Alfredo Fernández ‘Nan de Allariz’ (1875-1927), escritor, e Alfredo García Alén (1923-1981), historiador.
O científico sueco Alfred Nobel (1833-1896) e o cineasta inglés Alfred Hitchcock (1899-1980) foron algúns dos persoeiros famosos con este nome. Entre 1894 e 1906 tivo repercusión mundial o caso do militar francés de orixe xudía Alfred Dreyfus, inxustamente acusado e condenado por espía.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Alfred | |
Catalán | Alfred | Alfreda |
Español | Alfredo | |
Éuscaro | Alfredo | |
Francés | Alfred | |
Inglés | Alf | |
Alfred | ||
Italiano | Alfredo | |
Portugués | Alfredo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]