Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Alma
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Alma:
Etimoloxía e historia
En latín, o adxectivo almus significa 'benéfico, que nutre, que dá a vida', e era usado por varias divindades, entre elas, Ceres, definida como alma mater, isto é, 'nai que alimenta os fillos'. Na súa difusión nas linguas romances seguramente influíu a coincidencia coa voz común alma, do latín anima 'alento, sopro'.
Motivación
O seu uso como nome feminino comezou no Reino Unido, despois da Batalla de Almá (1854), nomeada así polo río de Crimea onde tivo lugar, e que non ten que ver coa etimoloxíalatina. Tivo tamén difusión en Alemaña e nos países veciños.
Chamáronse así
A vienesa Alma Mahler (1879-1964), relacionada con grandes artistas da súa época (o compositor Gustav Mahler, o pintor Oskar Kokoscha, o arquitecto Walter Gropius e o escritor Frank Werfel). A súa produción artística foi sobre todo como compositora.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Alma | |
Catalán | Alma | |
Español | Alma | |
Francés | Alma | |
Inglés | Alma | |
Italiano | Alma | |
Alma |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]