Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Áurea
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Aurea, feminino de aureus 'áureo, de ouro'; alcume de Venus pola riqueza dos seus templos.
Motivación
Santa Áurea foi abadesa do mosteiro de San Marcial (París). Morreu en 666.
Chamáronse así
Áurea Rodríguez, natural de Cartelle (1897), foi a primeira gaiteira galega da que se ten coñecemento.
Aurita Rodríguez, ciclista galega (1929-2021) considerada unha das pioneiras do deporte feminino en Galicia e campioa de ciclismo de Galicia nos anos corenta.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Aurea | |
Catalán | Àuria | |
Àurea | ||
Español | Áurea | |
Éuscaro | Oria | |
Auria | ||
Francés | Aure | |
Inglés | Aurea | |
Italiano | Aurea | |
Portugués | Áurea | |
Romanés | Aurica | |
Aura |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Áurea
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]