Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Simeón
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Do hebreo Xime'ôn, do verbo xamah 'oír'; un de tantos nomes hebreos que significan 'Deus escoitou' (como Saúl, por exemplo), en agradecemento polo nacemento dun fillo longamente desexado.
Motivación
Na Biblia, Simeón é o segundo fillo de Xacob e Lea, a súa primeira esposa. Dará nome a unha das doce tribos hebreas.
Xa no Novo Testamento, san Simeón (século I) foi o ancián que recibiu o neno Xesús no templo de Xerusalén cando foi presentalo a súa nai, María. O evanxelista Lucas narra a escena da Presentación: cando o vello tivo o neno no colo dixo que xa podía morrer tranquilo, pois xa vira o “unxido de El-Señor”.
Chamáronse así
Simeón García Olalla de la Riva (1823-1899) foi un emprendedor nado en Logroño e emigrado a Santiago, onde fundou en 1857 o Banco Simeón, que tivo 138 anos de actividade en Galicia ata que desapareceu por fusión en 1995.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Simeon | |
Catalán | Simeó | |
Español | Simeón | |
Éuscaro | Simeon | |
Francés | Siméon | |
Inglés | Simeon | |
Italiano | Simeone | |
Portugués | Simeão | |
Romanés | Simion | |
Ruso | Semion |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Simeón
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]