Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Osián
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
De orixe escura. Para uns procede do gaélico oisin 'cerviño', diminutivo de os 'corza'. Pero é posible que teña que ver coa exclamación hebrea Hoxianna!, latinizada Hosanna, da que parece derivar o feminino romanés Ozana.
Motivación
Osián (século III) foi un heroe e bardo de Escocia. Segundo a lenda, Osián sería fillo de Finn Mac Cumhal e a tradición considerábao o gran poeta do pobo gaélico.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ossian | |
Catalán | Ossian | |
Español | Osián | |
Francés | Ossian | |
Inglés | Ossian | |
Italiano | Ossian | |
Portugués | Ossian |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]