Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Noemí
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Noemí:
Etimoloxía e historia
Do nome persoal hebreo No'omi, que probablemente significaba 'a miña delicia', ou 'Deus é ledicia, Deus é amor', derivado do substantivo común no'am 'alegría, delicia'. O nome pasou ao grego como Noemín e ao latín como Noemi.
Motivación
Segundo o Libro de Rut (século IX a. C.) da Biblia, Noemí era esposa de Elimélec, de quen tivo dous fillos. Nunha época de fame, a familia decidiu emigrar de Belén ao país de Moab, onde morreu Elimélec. Os dous fillos casaron con dúas mulleres moabitas (Orpah e Rut), pero tamén morreron. Noemí regresou a Belén e díxolles ás súas noras moabitas que podían volver coas súas familias, pois ela xa non tiña nada que lles ofrecer. Orpah quedou en Moab pero Rut empeñouse en acompañala para vivir con ela en Israel, onde a sogra lle concertaría un bo casamento co rico propietario Boaz.
Chamáronse así
Carolina Noémia Abranches de Sousa Soares (Maputo, 1926-2003) foi unha escritora e xornalista mozambicana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Noëmi | |
Español | Noemí | |
Éuscaro | Noemi | |
Francés | Noémie | |
Inglés | Naomi | |
Italiano | Noemi | |
Portugués | Noémia | |
Noemi |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]