Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Liduvina
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Ludivina
Etimoloxía e historia
A etimoloxía popular forzou esta palabra a transformarse ata chegar a parecer un composto de Luz divina e esa é a razón pola que o levan algunhas mulleres. Pero en realidade é un nome xermánico, de recente introdución, composto polas raíces *leud ‘xente, pobo’ e win 'amigo'. O nome goza de certa vitalidade nos Países Baixos.
Motivación
Santa Liduvina de Schiedam (Holanda), do século XV, foi criticada polo seu párroco por non querer casar á idade de 15 anos. Dado que viviu corenta anos sufrindo por unhas chagas incurables que tiña, a súa vida foi presentada como modélica por Tomé de Kempis.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Ludovina | |
Español | Liduvina | |
Ludovina | ||
Éuscaro | Lidubiñe | |
Portugués | Ludovina | |
Liduina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Liduvina
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]