Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Liberdade
feminino
Apelativo
Etimoloxía e historia
Da palabra latina libertatem, de idéntico significado. Nome ideolóxico recente, de carácter democrático ou libertario, para render culto á idea que encerra a palabra.
Motivación
Liberdade é un dos nomes laicos que persoas de ideoloxía esquerdista ou anarquista adoitaban poñer ás súas fillas no canto dos relixiosos.
Libertad é o nome dunha das personaxes de Mafalda, a banda deseñada do artista arxentino Quino, amiga da protagonista e de ideas de esquerda.
Chamáronse así
Libertad Lamarque (1908-2000), actriz e cantante arxentina de nai coruñesa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Llibertat | |
Español | Libertad | |
Éuscaro | Askatasuna | Askatasuna |
Inglés | Liberty | |
Portugués | Liberdade |
Antes e despois de Liberdade
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]