Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Liborio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome latino Liborius, de orixe incerta. Podería ser un derivado do verbo latino libo 'ofrendar' e significaría 'consagrado aos deuses'. Tamén pode ser unha variante de Liberio, nome antigo derivado de liber 'libre' que viña sendo o masculino de Libertas 'liberdade'.
Motivación
San Liborio de Le Mans (século IV) foi bispo desta cidade francesa e amigo de san Martiño de Tours. Invócase contra os cálculos dos riles e outros males urinarios.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Liborius | |
Catalán | Llibori | |
Español | Liborio | |
Francés | Liboire | |
Italiano | Liborio | |
Portugués | Libório |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Liborio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]