Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Liberato, Liberata
Nome cristián
Variantes
Etimoloxía e historia
Do nome persoal latino Liberatus, derivado de liberare 'liberar, ceibar, deixar libre'. Nos ambientes cristiáns significaba 'liberar da escravitude do pecado'.
Motivación
San Liberato (século V) foi un médico de Cartago martirizado polos vándalos.
Santa Liberata era, segundo a lenda, unha fermosa moza galega que, para fuxir do matrimonio que os pais lle concertaran, pregou a Deus que lle fixese medrar a barba. Parece ser que o pai a fixo crucificar por se negar ao casamento. Na tradición galega tamén se di que era irmá de santa Eufemia, outra das santas intensamente galeguizadas.
A italiana santa Liberata de Como (século VI) era irmá de santa Faustina; as dúas eran de Piacenza e para fuxiren de dous matrimonios impostos chegaron a Como e ingresaron nun convento.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Liberat | |
Español | Librada | |
Liberato | Liberata | |
Liberado | Liberada | |
Francés | Libérate | |
Italiano | Liberato | Liberata |
Portugués | Liberato | Liberata |
Antes e despois de Liberato
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]