Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lidia
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Lidia:
Etimoloxía e historia
Do nome grego Lydía 'muller oriúnda da Lidia', rexión de Asia Menor, xa existente entre os gregos e romanos.
Motivación
Santa Lidia (século I), vendedora de púrpura en Filipo (Macedonia), foi a primeira muller convertida ao cristianismo por san Paulo, apóstolo que se hospedaba na súa casa. Houbo outra santa con este nome no século II, mártir en Ilírico durante o imperio de Hadriano, xunto co seu esposo Fileto e os seus fillos.
Chamáronse así
Lydia Maria Child (1802-1880), abolicionista estadounidense, activista polos dereitos das mulleres e dos nativos americanos, novelista, xornalista e opositora do expansionismo estadounidense.
Lidia White (1822-1889), botánica estadounidense, e Lidia Liss (1898-1976), actriz arxentina orixinaria do Porto do Son.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Lydia | |
Catalán | Lídia | |
Español | Lidia | |
Éuscaro | Lidia | |
Lide | ||
Francés | Lydie | |
Inglés | Lydia | |
Italiano | Lidia | |
Portugués | Lídia | |
Romanés | Lidia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Lidia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]