Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lino, Lina
Nome mitolóxico
Pronuncia
Lino:
Lina:
Etimoloxía e historia
Do grego Línos, nome dun personaxe mitolóxico, irmá de Orfeo e creador da poesía lírica. O nome chega a nós a través do latín Linus. A etimoloxía non é clara: hai quen propón emparentalo co substantivo grego línon (latín linum) ou co adxectivo aílinos ‘triste’. Para outros é un nome latino relacionado coa raíz de linere ‘unxir’.
Motivación
San Lino foi o segundo dos papas, inmediato sucesor de san Pedro como bispo de Roma (do 67 ao 78).
Chamáronse así
O escritor galego Lino Braxe Mandiá (1962-2020), que tamén foi locutor de radio e actor e director teatral.
Lino Torre Sánchez-Somoza (1866-1921), xurista, reitor da Universidade de Santiago de Compostela e alcalde da mesma cidade.
Lino Gómez Canedo (1908-1990), sacerdote e historiador da Laracha, membro da Academia Americana da Historia.
Lina Wertmüller (1928-2021), directora de cinema italiana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Linus | Lina |
Español | Lino | Lina |
Éuscaro | Lino | |
Italiano | Lino | Lina |
Portugués | Lino | Lina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Lino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]