Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lisandro
masculino
Etimoloxía e historia
Do nome grego Lýsandros, a través do latín Lysander, composto de lýein ‘desatar’, ‘liberar’ e anḗr, andrós ‘home’, ‘varón’.
Motivación
Lisandro foi un político e militar espartano que venceu a frota ateniense na batalla naval de Egospótamos (405 a. C.); ao ano seguinte conquistou Atenas e puxo fin á guerra do Peloponeso.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Lisandre | |
Español | Lisandro | |
Éuscaro | Lisandro | |
Francés | Lysandre | |
Inglés | Lysander | |
Portugués | Lisandro |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]