Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Laureano, Laureana
Nome cristián
Pronuncia
                            Laureano:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                        
                            Laureana:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Hipocorísticos
Másculinos Louro, Lano
Etimoloxía e historia
Nome latino, derivado do adxectivo laureanus. O seu posible significado é 'coroado de loureiro', 'vitorioso'.
Motivación
San Laureano (século VI), ao parecer, procedía da Panonia (Hungría). En Milán faise cristián e ordénase diácono. Nomeado arcebispo de Sevilla, combateu a herexía ariana. Morrería decapitado.
Chamáronse así
O etnógrafo e escritor galego Laureano Prieto (1907-1977), natural da Gudiña.
Laureano Álvarez Martínez (1912-1991), mestre e xornalista de Ortigueira, académico correspondente da RAG.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Catalán | Laureà | Laureana | 
| Español | Laureano | Laureana | 
| Éuscaro | Laureano | Laureana | 
| Lauren | Laurene | |
| Francés | Lauréan | |
| Portugués | Laureano | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




