Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Laura, Lauro
Nome literario
Pronuncia
Laura:
Etimoloxía e historia
No latín imperial atopamos o nome persoal masculino Laurus e os femininos Laurea e Laurilla. A etimoloxía debe buscarse nos nomes comúns latinos laurus 'loureiro' e laurea 'coroa' (o seu posible significado: 'coroa de loureiro'). Tamén é probable que o latino Laurea fose unha tradución do nome grego Dafne 'loureiro'.
Motivación
Suponse que foi Laura de Noves (século XIV) —tamén coñecida como Laura de Sade (por estar casada cun antepasado do marqués de Sade)— a moza occitana que coñeceu en Aviñón o poeta italiano Francesco Petrarca e que inspirou o seu Canzoniere, que tiña como título inicial Rime in vita e Rime in morte de Madonna Laura (‘Rimas en vida e rimas tras a morte de Laura’). Esta obra foi unha das que empezaron a prestixiar o idioma italiano na Idade Media, xunto co Decamerón de Boccaccio e a Divina Comedia de Dante.
Houbo tamén unha santa Laura, abadesa e mártir en Córdoba no século IX.
San Lauro (século VII) foi abade na Normandía e na Bretaña.
Chamáronse así
O dramaturgo galego, en lingua castelá, Lauro Olmo Gallego (1921-1994), natural do Barco de Valdeorras.
Laura Bassi (1711-1778), física e poeta italiana.
Laura Ingalls Wilder (1867-1957), escritora estadounidense.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Lauro | Laura |
Catalán | Laure | Laura |
Español | Lauro | Laura |
Éuscaro | Laure | |
Laura | ||
Francés | Laure | |
Inglés | Lora | |
Laura | ||
Italiano | Lauro | Laura |
Portugués | Lauro | Laura |
Romanés | Laura | |
Ruso | Lavr |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]