Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ivo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Da forma latina medieval Ivo, Ivonis, adaptación dun nome de orixe céltica formado dun *ivos 'madeira de teixo' ou ben de orixe xermánixa *ihwa-, co mesmo significado. O teixo era unha árbore sagrada e coa súa madeira fabricábanse escudos, lanzas e frechas.
Motivación
Santo Ivo de Chartres (c. 1040-1116) foi bispo desta cidade francesa. Sufriu prisión por se enfrontar ao rei Filipe I de Francia debido a que este repudiara a muller. É patrón dos avogados.
Santo Ivo de Kermantin (1253-1303), bretón, estudou dereito en París e Orleáns. Rexentou o curato de Trédrez (Bretaña), onde desempeñou unha actividade intensa defendendo orfos e mendigos. Tamén é patrón dos homes de leis.
Chamáronse así
Ivo Livi, coñecido como Yves Montand (1921-1991), actor e cantante de orixe italiana pero de nacionalidade francesa.
Ivo Andrić (1892-1975), autor iugoslavo, premio Nobel de Literatura en 1961.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ivo | |
Bretón | Yeun | |
Ervoan | ||
Erwin | ||
Erwan | ||
Catalán | Iu | |
Español | Ivo | |
Francés | Yves | Yvonne |
Inglés | Ivo | |
Italiano | Ivod | |
Portugués | Ivo | |
Romanés | Ivona |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]