Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ite
masculino
Nome mitolóxico
Variantes
Masculinas Ith
Etimoloxía e historia
Nome celta tomado da mitoloxía irlandesa, aceptado na historia mítica de Galicia.
Motivación
Ite ou Amergin —segundo o Lebor Gabála Érenn ou Libro das invasións, manuscrito irlandés do século XII— é un dos fillos de Breogán, poeta e soñador, namorado do mar, que tiña por costume subir ao máis alto da torre de Brigantia (A Coruña), que seu pai construíra. Desde alí albiscou unha terra verde como Galicia. Convenceu uns amigos para ir visitala, botáronse ao mar nunha rudimentaria embarcación de pelellos e vimbios embreados e desembarcaron nos areais do sur de Érinn (Irlanda). Os pobos da illa (ou Tuath ou Tuatha) matáronos a todos e fixeron fracasar a invasión. Posteriormente os fillos de Mil —descendentes de Bile, o seu irmán e, polo tanto, descendentes tamén de Breogán— enviarían outra expedición a Irlanda, que desta vez si tería éxito. Esta sería a terceira e última das invasións de Irlanda, a procedente do noroeste da Península Ibérica, segundo o citado libro.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]