Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ismael
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Ismael:
Etimoloxía e historia
Nome bíblico, adaptado ao grego e ao latín como Ismael, procedente do hebreo Yishma'el 'Deus escoita'.
Motivación
Segundo a Biblia, Ismael é o fillo que o patriarca Abrahán tivo de Agar, a escrava exipcia de Sara, que, como xa non podía concibir, lle recomendara ao seu marido que tivese sucesión por medio da súa serva. Abrahán deixou embarazada a Agar e esta, fachendosa, perdeulle o respecto á súa ama, a quen acabou maltratando. Agar fuxiu ao deserto e un anxo de Iavé ordenoulle volver, que chamase Ismael ao seu fillo e profetizoulle que habería ter unha longa descendencia. O relato bíblico conta que Ismael tivo doce fillos, os fundadores das tribos árabes do norte de Arabia; o propio Mahoma considerábase descendente del.
No cristianismo houbo tamén un santo Ismael do século IV.
Chamáronse así
Ismael González Díaz (1939-2015), cineasta e escritor do Carballiño.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ismael | |
Árabe | Isma'il | |
Catalán | Ismael | |
Español | Ismael | |
Éuscaro | Ismael | |
Francés | Ismael | |
Inglés | Ishmael | |
Italiano | Ismaele | |
Portugués | Ismael |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]