Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Iseu
feminino
Nome literario
Variantes
Femininas Isolda
Etimoloxía e historia
Nome da literatura medieval, quizais relacionado co galés medieval Essylt, que debía significar ‘fermosa’. Tamén hai quen lle atribue orixe xermánica, composto de *isan- 'ferro' (ou de *is- 'xeo') e *hildi 'batalla, combate'. A variante Isolda é unha forma latinizada que se popularizou a partir da ópera de Wagner, en 1865, titulada Tristan und Isolde.
Motivación
Nas lendas do mundo céltico medieval fálase de dúas Iseus ou Isoldas –“a loura” e “a das brancas mans”— que tiveron amores tráxicos con Tristán. A primeira, princesa de Irlanda, embarca para desposarse co rei Marco de Cornualla, pero na travesía namórase de Tristán, amigo do rei. Marco casa con Iseu, pero desterra ao Cornualla bretón a Tristán, que accede a casar con outra Iseu, “a das brancas mans”, unicamente por amor a este nome. Nestas lendas inspirouse Richard Wagner para o seu famoso drama musical Tristán und Isolde (1865).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Isolde | |
Bretón | Isild | |
Catalán | Isolda | |
Español | Isolda | |
Éuscaro | Isolda | |
Francés | Yseult | |
Iseult | ||
Isolde | ||
Inglés | Isolda | |
Italiano | Isotta | |
Portugués | Isolda | |
Iseu | ||
Romanés | Isolda | |
Ruso | Izolda |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]