Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Isauro, Isaura
Nome cristián
Pronuncia
Isauro:
Isaura:
Etimoloxía e historia
Nome orixinario grego, Isáuros, latinizado Isaurus. Xentilicio dun pobo que se estableceu en Asia Menor e lle deu nome o seu nome á rexión de Isauria. A orixe do nome remóntase ás civilizacións prehelénicas.
Motivación
Houbo un santo Isauro, diácono ateniense, que foi martirizado xunto con san Fiz e outros mártires.
A telenovela brasileira A escrava Isaura, por ser a primeira que emitiu a Televisión de Galicia (TVG), a partir do 25 de xullo de 1985, foi a serie que contou con máis popularidade en Galicia nesta época.
Chamáronse así
Isaura Usero Souto (1913-2004), física galega.
Isaura Abelairas (1951-2021), mestra e política galega.
María Isaura Vázquez Blanco (1906-1998), coñecida como Maruxa Villanueva, foi unha actriz galega formada en Buenos Aires, a onde emigrara aos 20 anos. Tivo unha compañía teatral co seu nome, coa que fixo a primeira estrea da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse, en 1941. Retornada a Galicia, de 1974 ata o seu pasamento foi coidadora da Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Isaure | Isaura |
Español | Isauro | Isaura |
Francés | Isaure | |
Italiano | Isauro | Isaura |
Portugués | Isauro | Isaura |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]