Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Isaías
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Isaías:
Etimoloxía e historia
A través do grecolatino Isaías chegounos este nome do hebreo Ysha'iah ou Ysha'iahe, composto pola raíz do verbo ysh' 'salvar' e Iah, abreviatura de Iavé 'Deus'. O significado conxunto sería: 'Deus salva', 'Deus é salvación', 'Deus procura a salvación'.
Motivación
Isaías (século VIII a. C.) foi un profeta bíblico que desenvolveu a súa función no reino de Xudá, ou reino do sur (Israel era o do norte), durante o apoxeo imperial asirio. As súas profecías céntranse no mesianismo, patente en dous temas: a elección divina de Xerusalén e a dinastía do rei David. Acabaría retirándose da vida profética porque xa ninguén lle facía caso. Morreu martirizado polo rei Manasés, que o serrou en vivo.
Chamáronse así
Isaiah Berlin (1909-1997), politólogo e historiador, un dos principais pensadores liberais do século XX. Nacera en Letonia, cando este país aínda pertencía ao imperio ruso, pero acabaría exiliándose coa súa familia a Gran Bretaña, onde adquiriría a nacionalidade británica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Jesaja | |
Catalán | Isaïes | |
Español | Isaías | |
Éuscaro | Isaias | |
Francés | Isaïe | |
Inglés | Isaiah | |
Italiano | Isaia | |
Portugués | Isaías |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]