Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ladislau
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome eslavo que chegou a nós a través dunha versión latina medieval, Ladislaus ou Ladislavus. Está composto de vlad- 'dominar' e slava 'gloria'.
Motivación
San Ladislau de Hungría (1040-1095) foi rei deste país e tamén de Polonia e da Croacia setentrional, por el conquistada, onde creou o bispado de Zagreb. Foi un dos fundadores do reino húngaro. Durante o seu reinado publicouse unha primeira tentativa de código penal para o seu país.
Chamáronse así
O nome popularizouse en España de 1950 a 1980 por levalo, castelanizado (Ladislao), László Kubala Stecz, futbolista húngaro nacionalizado español que xogou no FC Barcelona e na selección española. Tamén o levou castelanizado ao nacionalizarse español o cineasta húngaro László Vajda (1906-1965), moi activo na década de 1950.
Ladislav Zgusta (1924-2007), lingüista e lexicógrafo checo establecido nos EUA.
Ladislao Louro (c. 1841-1911), comerciante e alcalde de Mondoñedo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ladislaus | |
Catalán | Ladislau | |
Checo | Vladislav | |
Español | Ladislao | |
Éuscaro | Ladislao | |
Francés | Ladislas | |
Húngaro | Laszló | |
Inglés | Ladislas | |
Italiano | Ladislao | |
Polaco | Władysław | |
Portugués | Ladislau | |
Romanés | Vladislav | |
Ruso | Vladislav |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]