Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lanzarote
masculino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Adaptación do nome francés Lancelot, onde se aplicou o dobre diminutivo -el-ot ao nome xermánico Lanzo, derivado da raíz landa 'país'.
Motivación
Este nome xa se usou na Idade Media como consecuencia da popularidade das novelas de cabaleiros. Lanzarote ou Lancelote do Lago é un dos cabaleiros da Táboa Redonda, da mítica corte do rei Artur de Britania: o máis fermoso, o máis cortés e o máis valente de todos eles. Amigo íntimo do rei, ama e posúe a raíña Xenevra, a esposa do monarca. Artur descobre a traizón e persegue os namorados ata Francia, pero tivo que volver ao rebelarse contra el o seu fillo Mordred.
En Galicia tamén tivo vixencia este nome ata finais do século XV, polo menos entre membros da nobreza. Despois foi esmorecendo debido a disposicións eclesiásticas, como a do sínodo de Ourense de 1544, en que se lles recomendaba aos cregos oficiantes de bautismos que puxesen nomes de santos e santas —pois así os bautizados tiñan avogado no ceo— e que rexeitasen outros como Heitor ou Rolán “que habeis acostumbrado a le poner”.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Lancelot | |
Catalán | Lancelot | |
Español | Lanzarote | |
Francés | Lancelot | |
Inglés | Lancelot | |
Portugués | Lançarote |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]