Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lara
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Forma abreviada do nome ruso Larissa, nome dunha ninfa da mitoloxía grega, común nas nacións do leste de Europa que seguen a relixión ortodoxa. Na mitoloxía romana tamén existiu unha ninfa do Lacio chamada Lara ou Lala (‘a lareteira’).
Motivación
Na segunda metade do século XX popularizouse o nome de Lara pola protagonista da novela do ruso Boris Pasternak O doutor Zhivago (1957), levada ao cinema en 1965.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Lara | |
Español | Lara | |
Italiano | Lara | |
Portugués | Lara | |
Ruso | Larissa | |
Lara |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]