Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lea
feminino
Nome bíblico
Variantes
Femininas Lía
Etimoloxía e historia
Do hebreo Le'ah, adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lía. Na tradición popular significaba 'fatigada, cansa' pero na actualidade pénsase que o seu significado era 'vaca', en alusión ós rabaños do pai da Lea bíblica (o nome da súa irmá Raquel significaría 'ovella').
Motivación
Segundo o libro bíblico da Xénese, Lea era a filla máis vella de Labán, home que acollera a Xacob en Caldea cando este fuxira da casa paterna. Xacob pediulle ao seu protector por esposa a Raquel, a filla máis nova, a cambio de servilo sete anos. Chegada a noite, Labán meteulle na tenda a Lea, e Xacob deitouse con ela sen se decatar, pois non era costume dar a filla máis nova antes da máis vella. Xacob tivo dez fillos de Lea. Pasados os sete anos, Xacob tamén casou con Raquel, coa que tivo os últimos dous fillos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Lea | |
Catalán | Lea | |
Lia | ||
Español | Lea | |
Lía | ||
Éuscaro | Lea | |
Inglés | Leah | |
Italiano | Lea | |
Lía | ||
Portugués | Lea | |
Lia | ||
Romanés | Lia |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]