Este nome non se encontra na guía.
feminino
Nome mitolóxico
Do adxectivo leda ‘contenta, feliz’, do latín laeta, co mesmo significado. Foi unha voz moi empregada nas nosas cantigas de amigo medievais: “leda dos amores, dos amores leda” (Pero Meogo), “tódalas aves do mundo d’amor dizian: | leda m’and’eu” (Nuno Fernández Torneol), “mui leda irei, amigo, | e vós ledo comigo” (Martín de Padrocelos). É homónimo do nome mitolóxico grego Leda.
Na mitoloxía grega, Leda era filla de Testio, rei da Etolia, e foi nai de Clitemnestra, de Helena (a de Troia) e de Castor e Pólux, os Dióscuros, estes últimos fillos tamén de Zeus.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]