Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Leandro
masculino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Leandro:
Etimoloxía e historia
Nome tomado do latín Leander ou Leandrus, adaptación do grego Léandros 'home do pobo', composto de leṓs 'pobo' e anḗr, andrós 'home', 'varón'.
Motivación
Na mitoloxía grega, Leandro era un mozo de Abido, namorado de Ero, belísima sacerdotisa de Afrodita; todas as noites atravesaba a nado o Helesponto para estar con ela, levando nas mans un farol, ata que unha noite se lle apagou e morreu afogado.
San Leandro (século VI), natural de Cartaxena, trasladouse a Sevilla xunto cos seus pais e irmáns. Nomeado arcebispo de Sevilla, converteu ao catolicismo a Hermexildo, gobernador da Bética, fillo do rei visigodo Leovexildo, que era ariano. Por este motivo, Leandro tivo que se exiliar a Constantinopla e cando volveu conseguiu que o rei Recaredo, herdeiro de Leovexildo, abxurase do arianismo no terceiro concilio de Toledo (589).
Chamáronse así
Leandro Fernández de Moratín (1760-1828) foi o dramaturgo español máis importante de fins do século XVIII e principios do XIX.
Leandro de Saralegui Medina (1839-1910) e Leandro Carré Alvarellos (1888-1976), escritores galegos, o primeiro en castelán e o segundo en galego, cofundador este das Irmandades da Fala. Leandro Pita Romero (1898-1985), político, diplomático, xornalista e escritor galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Leander | |
Catalán | Leandre | |
Español | Leandro | |
Éuscaro | Leandro | Leandra |
Lander | Landere | |
Francés | Léandre | |
Italiano | Leandro | |
Portugués | Leandro | |
Romanés | Leandru | |
Ruso | Leándr |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]