Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fátima
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Topónimo portugués derivado do árabe Fâtimat, nome da irmá do profeta Mafoma, casada co seu curmán Alí. Do verbo fatama ‘destetar’, significa ‘a que deixou de mamar’, e de aí, ‘doncela’.
Chamáronse así
Fátima de Madrid, astrónoma musulmá dos séculos X-XI, nada en Madrid, pero que pasou a maior parte da súa vida en Córdoba, centro do saber mundial naqueles tempos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Fatima | |
Catalán | Fàtima | |
Español | Fátima | |
Éuscaro | Fatima | |
Francés | Fatima | |
Inglés | Fatima | |
Italiano | Fatima | |
Portugués | Fátima |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]