
Luis Seoane. Unha ollada interartística desde o exilio e o compromiso
Día da Poesía
27 de marzo - 19:00 h
Este nome non se encontra na guía.
feminino
Nome toponímico
Nome dun afluente do Miño pola banda esquerda, o máis longo da provincia de Ourense, e do concello de Arnoia, no Ribeiro. A súa orixe é prerromana, formado cunha base arn-, derivada da raíz indoeuropea er- 'moverse', presente en moitos nomes de ríos de Europa, como o Arno italiano.
Arnoia, Arnoia, novela de Xosé Luís Méndez Ferrín (1985), narra a viaxe de Nmógadah, un dos Príncipes Segredos das terras de Arnoia, na procura de aventuras.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]