Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Armando
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Armando:
Etimoloxía e historia
Este nome introduciuse a través do francés Armand, variante meridional de Harmand, de orixe xermánica. A súa fonte pode ser Hariman (Hari 'exército' e man 'home', latinizado en Harimannus), ou máis ben Hardman, Hartman (hart 'forte, afouto' e man 'home').
Motivación
Santo Armando (século XII) foi bispo de Bressanone e fundador do convento de Novacella (Italia).
Á difusión deste nome contribuíu o personaxe de Armando Duval, de quen se namora Margarida Gautier, a protagonista da novela A dama das camelias, de Alexandre Dumas (século XIX).
Chamáronse así
O escritor Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), natural da Veiga (Asturias), a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 1984.
Armand-Jean du Plessis de Richelieu (1585-1642), o cardeal Richelieu, poderoso secretario de Estado do rei Luís XIII de Francia; así mesmo, o tamén francés Armand Colin, fundador en 1870 dunha famosa editorial que leva o seu nome.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Hermann | |
Catalán | Armand | |
Español | Armando | |
Francés | Armand | |
Inglés | Armand | |
Herman | ||
Italiano | Armandina | |
Armando | Armanda | |
Portugués | Armando | |
Romanés | Armand |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]