Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ariadna
feminino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Ariadna:
Etimoloxía e historia
Latinizado como Ariadna, vén do grego Ariádne, de orixe incerta. Adóitase recoñecer neste nome o superlativo ari e adné ‘casta’, ‘pura’, variante cretense de hagné.
Motivación
Na mitoloxía grega, Ariadna é a filla do rei Minos de Creta. Cando Teseu foi a esta illa para loitar co Minotauro, namorouse del e axudoulle a saír do labirinto do monstro cun nobelo que lle facilitou (“o fío de Ariadna”).
Ariadna en Naxos é unha ópera con música de Richard Strauss baseada en Le Bourgeois Gentilhomme de Molière e o mito grego de Ariadna e Baco.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ariadne | |
Catalán | Ariadna | |
Español | Ariadna | |
Éuscaro | Ariadna | |
Ariane | ||
Arene | ||
Francés | Ariane | |
Inglés | Ariadne | |
Italiano | Arianna | |
Portugués | Ariadna | |
Ariadne | ||
Romanés | Ariadna | |
Ruso | Ariadna |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]