Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ares
masculino
Nome toponímico
Pronuncia
Ares:
Véxase Arias
Etimoloxía e historia
Na Idade Media era un nome persoal variante de Arias, pero actualmente tamén pode ter motivación toponímica, posto que é nome dun concello da provincia da Coruña e dun lugar nas Pontes de García Rodríguez, amais de varios lugares Os Ares (que seguramente conteñan o nome persoal), e doutros que o levan en segundo lugar (Castro de Ares, Casaldares). O nome do concello, que tamén o é da ría, ten orixe prelatina e foi rexistrado polos romanos como Anaris; contén o elemento hidronímico ana ‘río’.
Chamáronse así
O fidalgo Ares Pérez das Mariñas, señor das torres de Cillobre, mantivo a principios do século XV continuas e violentas loitas cos abades do mosteiro de Soandres, na comarca de Bergantiños, pola posesión das terras. Foi denunciado repetidamente polos frades deste mosteiro perante o rei.
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]