Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aránzazu
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Arancha
Etimoloxía e historia
Do nome dunha das advocacións marianas máis coñecidas do País Vasco, Arantzatu, a partir do topónimo composto por arantza ‘espiño’ e o sufixo abundacial zu ‘espiñeira’. A etimoloxía popular fai derivar esta palabra da frase en éuscaro pronunciada polo pastor a quen se lle apareceu a Virxe: 'Arantzan zu?' 'Ti no espiño?' (de arantz 'espiño', an 'en' e zu 'ti'). A variante Arancha (Arantxa en vasco) era en orixe un hipocorístico.
Motivación
O santuario de Santa María de Arantzazu, patroa de Guipúscoa, ten a súa orixe nunha antiga lenda vasca que narra a aparición da Virxe a un mozo pastor sobre un espiñeiro.
A finais do século XVIII e durante o XIX esta advocación da Virxe entrou en Galicia por medio de sacerdotes devotos. Na parroquia de Santa Cristina de Vea (A Estrada), entre marzo de 1790 e xaneiro de 1797, o crego Francisco Bretal Mariño oficiou cen bautizos dos que 41 foron de nenas ás que lle impuxo o nome de María Aranzazú (sic); só tres delas non o levaron. Tanto foi o interese que puxo este sacerdote por introducir o culto desta advocación mariana en Galicia. En decembro de 1797, cando xa F. Bretal non era párroco, foi bautizado nesta mesma freguesía un neno co nome de Andrés María de Aranzazú.
Outros cregos introduciron o culto, co nome traducido (Virxe do Espiño), en santuarios como o da Santiña de Coucieiro (Muxía) ou o da Virxe da Eirita en Anos (Cabana de Bergantiños).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Arantzazu | |
Español | Arancha | |
Aránzazu | ||
Éuscaro | Arantxa (hip.) | |
Arantza | ||
Arantzazu |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Aránzazu
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]