Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aquilino, Aquilina
Nome cristián
Pronuncia
Aquilino:
Aquilina:
Etimoloxía e historia
Do latín Aquilinus 'que ten a natureza da aguia', en latín aquila. É un dos nomes que expresan a admiración por calidades que teñen certos animais; lémbrese que a aguia era o animal sagrado de Xúpiter. Tamén pode ser nalgún caso adxectivación do nome de Aquiles 'da familia de Aquiles'.
Motivación
Santo Aquilino (século VII) foi bispo de Évreux (Francia) e patrón da abadía de Cluny.
Chamáronse así
Aquilino Iglesia Alvariño, escritor (1909-1961) a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 1986.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Aquiŀlí | Aquiŀlina |
Español | Aquilino | Aquilina |
Inglés | Aquiline | |
Italiano | Aquilino | |
Portugués | Aquilino | |
Romanés | Acvilin | Acvilina |
Ruso | Akilina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Aquilino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]