Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aquiles
masculino
Nome mitolóxico
Variantes
Masculinas Aquileu
Etimoloxía e historia
Do grego Akhilleús, a través do latín Achilles. Nome antiquísimo en Grecia, reliquia probablemente dalgunha lingua pregrega e, polo tanto, de etimoloxía case imposible, a pesar das moitas hipóteses aventuradas.
Motivación
Aquiles é o heroe máis famoso da mitoloxía grega, o principal da Ilíada de Homero. Era fillo do rei Peleu e da ninfa Tetis, quen, para eliminarlle os elementos mortais do pai, o mergullou na lagoa Estixia termando del polo calcañar, que sería o seu único punto vulnerable. Aquiles incorporouse á loita dos gregos contra os troianos, e destacou pola súa temible cólera. Venceu en combate singular o xefe troiano Heitor, pero morreu no campo de batalla ao ser alcanzado no calcañar por unha frecha lanzada polo troiano Paris.
Na versión galega medieval da Crónica troiana (século XIV), Aquiles non morre deste xeito, senón nunha celada que lle preparou Paris cando el pensaba encontrarse coa súa amada Políxena.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Achiles | |
Achil | ||
Catalán | Aquiŀles | |
Español | Aquiles | |
Éuscaro | Akiles | |
Francés | Achille | |
Inglés | Achilles | |
Italiano | Achille | |
Portugués | Aquiles | |
Romanés | Ahile | |
Ruso | Ahillii | |
Ahill |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Aquiles
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]