Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Anxos
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Anxos:
Véxase Anxa
Etimoloxía e historia
Plural de Anxo.
Motivación
Nome abreviado dunha das advocacións da Virxe: santa María dos Anxos ou Nosa Señora dos Anxos, difundida polos frades franciscanos a partir da construción, nos séculos XVI e XVII, da basílica de Santa Maria degli Angeli, situada preto de Asís (Italia), que encerra dentro dela outra igrexa máis pequena, a Porciúncula. Este lugar foi escollido por san Francisco de Asís, que tiña gran devoción polos anxos e pola Virxe, para renunciar ás riquezas e empezar a vivir en pobreza.
Chamáronse así
Ángeles Alvariño (Ferrol 1916 - California 2005), precursora na investigación oceanográfica mundial.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Àngels | |
Español | Ángeles | |
Éuscaro | Gotzone | |
Aingerua | ||
Francés | Angèle | |
Portugués | Anjos |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Anxos
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]