Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aparicio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín apparitio 'aparición'. Este nome ten a súa orixe nas diversas 'aparicións' milagrosas da Virxe, dos anxos e dos santos.
Motivación
Beato Sebastián de Aparicio Prado, outro dos santos “extravagantes” galegos, frade franciscano, naceu na Gudiña en 1502 e finou en Puebla (México) en 1600. Emigrara a México en 1533 e alí estableceuse como agricultor e gandeiro. Foi denominado o “frade das carretas” porque organizou o transporte rodado de mercadorías por medio de animais, en substitución de indíxenas. Os seus restos están expostos na igrexa de San Francisco de Puebla.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Aparici | |
Español | Aparicio | |
Italiano | Apparizio | |
Portugués | Aparício |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Aparicio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]