Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Anxa, Anxo
Nome cristián
Pronuncia
Anxa:
Anxo:
Véxase Anxos
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Xele, Xeliño, Xelucho, Lucho, Xeluco
Femininos Xeluca, Xelucha
Etimoloxía e historia
Do latín eclesiástico Angelus, do grego ággelos 'mensaxeiro'. O nome masculino actual talvez proceda do Anxo da Garda, tradición relixiosa popular que afirma a existencia dun anxo custodio ou gardián que guía os pasos e as accións de cada persoa, familia, país ou institución. O nome tradicional galego leva acentuación grave (Anxelo e Anxela), de forma anómala con respecto á súa etimoloxía (como si conservan o portugués Ángelo e o castelán Ángel). Posiblemente a partir de diminutivos como Anxeliño, Anxeluco (ou outros) supúxose un primitivo Anxelo, ao considerarse que a terminación -elo era un diminutivo, como o presente en formas como Carmela, Lela, Nela. A partir das últimas décadas do século XX fíxose moito máis popular a tradución do substantivo común, Anxo, que chegou a estar no índice dos nomes máis frecuentes nas últimas décadas. As variantes Xelo e Xela tamén se independizaron como nomes, sobre todo a forma feminina.
Chamáronse así
Ánxel Fole (Lugo 1903 - 1986) e Xela Arias (Sarria 1962 - Vigo 2003); homenaxeado o primeiro co Día das Letras Galegas de 1997 e a segunda co de 2021.
Ánxel Casal (1895-1936), impresor e político natural da Coruña; na súa editorial Nós (1927-1936) publicou a maior parte da literatura galega da época; encarcerado polos sublevados no golpe de Estado de 1936, foi asasinado en Cacheiras (Teo) o 18 de agosto deste ano.
No eido da ciencia, Ángela Ruiz Robles (León 1885 - Ferrol 1975), mestra e pedagoga que en 1949 inventou unha especie de prototipo de libro mecánico.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Angelus | Angela |
Bretón | Anjela | |
Catalán | Àngel | Àngela |
Español | Ángel | Ángela |
Éuscaro | Gotzon | Gotzone |
Aingeru | ||
Francés | Ange | Angèle |
Inglés | Angie (hip.) | |
Angel | Angela | |
Italiano | Angiolo | |
Angelo | Angela | |
Portugués | Ángelo | Ángela |
Romanés | Angel | Angela |
Ruso | Anghel | Anghelina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Anxa
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]