Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Arcadio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Arcadio:
Etimoloxía e historia
Nome de orixe grega 'procedente da Arcadia', provincia grega do Peloponeso (Arkádios).
Motivación
Flavio Arcadio, máis coñecido como Arcadio, foi emperador da parte oriental do imperio romano entre os anos 395 e 408. Era fillo máis vello de Teodosio I, e irmán de Honorio, que sería o emperador da parte occidental.
Santo Arcadio (século III) foi un mártir cristián en Mauritania, onde se refuxiou da persecución de Valeriano.
Chamáronse así
Arcadio Mon García (1949-2016), músico e compositor galego fundador e director da Banda de Música de Foz e da Escola de Música de Foz.
Arcadio López-Casanova (Lugo 1942 - Valencia 2022), escritor e crítico literario galego, destacado poeta pertencente á xeración dos Novísimos; membro honorífico da Real Academia Galega (2012).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Arcadi | |
Español | Arcadio | |
Éuscaro | Arkadio | |
Francés | Arcadius | |
Arcade | ||
Italiano | Arcadio | |
Portugués | Arcádio | |
Romanés | Arcadie |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]