Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ariel
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Nome bíblico, procedente do hebreo, que significa 'león de Deus' ou 'altar de Deus'.
Motivación
Na Biblia, Ariel é o arcanxo preceptor de Esdras, o sumo sacerdote de Israel que dirixiu un grupo de retorno dos israelitas de Babilonia (457 a. C.).
Nome dunha das lúas de Urano.
Levaron este nome dous personaxes da literatura inglesa: un anxo caído d’O Paraíso perdido de Milton e o anxo que acompaña a Próspero n’A tempestade de Shakespeare. O Ariel shakespeariano dá título a un célebre ensaio do escritor uruguaio José Enrique Rodó (1900) onde se manifesta contra a “nordomanía” ou imitación servil do que fan os do Norte.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Ariel | |
Español | Ariel | |
Francés | Ariel | Arielle |
Portugués | Ariel |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]