Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Aristides
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do grego Aristeídēs 'fillo de Aristeo' e este de áristos 'o mellor, o máis valente', raíz de onde sae aristocracia 'goberno dos mellores'.
Motivación
Aristides foi un político ateniense do século V a. C. Baixo o seu goberno Atenas chegou ao seu máximo esplendor. Fora o estratego da batalla de Maratón (490 a. C.), onde os gregos venceron un numeroso exército persa. Enfrontado a Temístocles, foi condenado ao ostracismo polos atenienses, pero volveríano chamar para loitar contra os persas.
Santo Aristides de Atenas (séc. II) tentou, sen éxito, adoutrinar no cristianismo o emperador Hadriano.
Chamáronse así
Aristide Bruant (1851-1925), cantautor de cabaré en París, coñecido por ser representado por Toulouse-Lautrec nos seus carteis.
Arístides Silveira foi un pseudónimo usado por Celso Emilio Ferreiro durante a ditadura franquista.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Aristides | |
Catalán | Aristides | |
Español | Arístides | |
Éuscaro | Aristides | |
Francés | Aristide | |
Inglés | Aristides | |
Italiano | Aristide | |
Portugués | Aristides | |
Romanés | Aristide |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]