Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Arnaldo
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Nome medieval de procedencia francesa ou occitana e orixe xermánica que está composto polas raíces góticas *aran 'aguia' e waldan 'gobernar'.
Motivación
Foi un nome frecuente entre os trobadores occitanos, como Arnaut Daniel —o máis famoso, que aparece nomeado n'A Divina Comedia de Dante—, Arnaut de Cascassés ou Arnaut de Maruelh. Tamén foi famoso o catalán Arnau de Vilanova, primeiro alumno e despois mestre da escola de medicina de Montpellier (Montpelhier en occitano). O italiano Arnaldo de Brescia foi un reformador relixioso do século XII que acabou estrangulado e queimado polos partidarios do papa Hadrián IV.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Arend | |
Arnold | ||
Catalán | Arnold | |
Arnal | ||
Arnau | ||
Español | Arnaldo | |
Éuscaro | Arnalt | |
Ernaut | ||
Arnaut | ||
Eñaut | ||
Ellande | ||
Allande | ||
Inglés | Arnold | |
Italiano | Arnaldo | |
Portugués | Arnaldo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]