Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Arsenio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
                            Arsenio:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Etimoloxía e historia
Do latín Arsenius e este do grego Arsénios, de arsḗn 'masculino, viril'.
Motivación
Houbo varios santos con este nome: santo Arsenio de Exipto (século III), mártir durante o mandato do emperador Decio; e santo Arsenio o Grande de Roma (século V), que foi preceptor de Arcadio e Honorio, fillos do emperador Teodosio.
Á difusión moderna deste nome contribuíu Arsène Lupin, un “ladrón cabaleiro” protagonista dunha serie de novelas do escritor francés Maurice Leblanc (1871-1941).
Chamáronse así
En Galicia levou este nome Arsenio Iglesias Pardo (1930-2023), natural de Arteixo, futbolista e adestrador de gran sona, ligado sobre todo ao Deportivo da Coruña, equipo co que conseguiu unha Copa do Rei e dous subcampionatos de Liga.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Catalán | Arseni | |
| Español | Arsenio | Arsenia | 
| Éuscaro | Arseni | Arsene | 
| Francés | Arsène | |
| Italiano | Arsenio | |
| Portugués | Arsénio | |
| Romanés | Arsenie | |
| Ruso | Arseniy | |
| Arseni | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




